“Máster universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional” Universidade de Vigo

Contido e formato Online a través da plataforma de e-learning da Uvigo (FAITIC)

Para máis información poden entrar na nosa páxina web http://masterdireccionyliderazgo.com/. Tamén nos poden atopar en Facebook e Twitter (@MASTERDPyLI)

O número de prazas é 15, se ben, segundo a demanda pódense ampliar a 20.

A preinscrición será entre o 29 de xuño e o 4 de xullo a través da web da Universidade de Vigo (http://www.uvigo.es/uvigo_gl/administracion/alumnado/matricula2012).

Se non se producen cambios, o prezo é o mesmo có de calquera master universitario en Galicia (20,25 euros por crédito).

Este máster é de 90 ECTS repartidos en 3 semestres.

A principal fortaleza do “Máster universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional”, ademais do profesorado, é o ensino online a través da plataforma de e-learning da Uvigo (FAITIC).  Trátase dunha plataforma moi doada de utilizar e moi intuitiva. Contamos con titorías online (videoconferencia) e foros de debate a través dos cales o alumnado mantén unha relación directa co profesor/a de cada unha das materias.

 

Se lle xorde algunha dúbida: (xmahou@uvigo.es) e no teléfono 986802031

Xosé Mahou

Coordinador do Máster en Dirección Pública e Liderado Institucional