Título II.- Das actividades da asociación
Artigo 4º.
Co obxecto de levar a cabo o cumprimento dos fins aos que se refire o artigo primeiro a Asociación realizará as actividades seguintes:
1.- Promover as condicións que permitan o establecemento dunha relación científica e profesional permanente entre os seus membros.
2.- Organizar ou cooperar na celebración de reunións, seminarios, estudos e investigacións sobre Ciencia Política e da Administración en España e no estranxeiro.
3.- Concorrer mediante a representación correspondente aos Congresos e sesións científicas internacionais que versen sobre a Ciencia Política e da Administración, estimulando a presenza neles dos seus membros e a correspondente aportación científica española.
4.- Fomentar toda clase de intercambios con Universidades, Centros de Investigación e Asociacións estranxeiros de fins análogos.
5.- Interesarse polos problemas que susciten o ensino e a investigación da Ciencia Política e da Administración en España.
6.- Celebrar, periodicamente, unha sesión científica para o estudo e análise das cuestións relacionadas cos seus fins.
7.- Editar e publicar a Revista Española de Ciencia Política, as presentacións e comunicacións presentadas ás súas reunións científicas e calquera outros traballo relacionado coa profesión ou a Área de coñecemento propio dos seus membros.
8.- Realizar cantas outras actividades redunden no beneficio do desenvolvemento da Ciencia Política e da Administración en España.
9.- Desempeñar todas estas actividades con especial atención á promoción e visibilidade da perspectiva de xénero na docencia e a investigación.