Título III.- Dos membros da asociación
Artigo 5º.
Son membros ou socios/as da AECPA as seguintes categorías:
a) Membros Individuais.
b) Membros Colectivos ou Institucionais.
c) Membros de Honor.
Artigo 6º.
Son Membros Individuais da Asociación o profesorado de ensino superior, investigadores/as e quen exerza a súa actividade profesional ou divulgadora no ámbito das materias propias da Área académica de coñecemento da Ciencia Política e da Administración. Tamén as persoas licenciadas ou graduadas en titulacións relacionadas con algún dos seus ámbitos.
Artigo 7º.
Entre os membros individuais poderá haber membros eméritos, que estarán exentos do pagamento das cotas da Asociación (e taxas dos seus Congresos) e que serán nomeados pola Xunta Directiva de entre socios/as que accedan á xubilación.
Artigo 8º.
Poderá outorgarse a calidade ou o carácter de Membro Colectivo ou Institucional ás persoas xurídicas ou centros de todo tipo que o soliciten expresamente, mediante acordo da Xunta Directiva, que deberá ser ratificado na Asemblea Xeral inmediatamente posterior.
Artigo 9º.
Os Membros Individuais terán os dereitos seguintes:
1.- Asistir ás sesións da Asemblea Xeral, tomar parte nas súas deliberacións, e exercer nelas o seu dereito a voto.
2.- Elixir e ser elixible para os cargos da Xunta Directiva.
3.- Participar nas actividades da Asociación.
4.- Facer chegar á Xunta Directiva, directamente ou por medio da Asemblea Xeral, cantas suxestión poidan contribuír ao mellor cumprimento dos fins sociais.
Artigo 10º.
Os Membros Colectivos ou Institucionais da Asociación teñen dereito a:
1.- Integrarse na Asemblea Xeral mediante a designación dunha persoa física que os represente.
2.- Participar en todas as actividades da Asociación.
3.- Comunicar á Xunta Directiva cantas iniciativas ou suxestións poidan contribuír ao mellor cumprimento dos fins sociais.
4.- Formar parte do Consello Académico da Asociación.
Artigo 11º.
Os membros da Asociación aos que se refiren os artigos anteriores teñen os deberes de:
1.- Satisfacer as cotas anuais fixadas pola Xunta Directiva.
2.- Cumprir os acordos dos órganos de goberno da Asociación.
Artigo 12º.
Pérdese a condición de membro da Asociación:
1.- A petición propia
2.- Por incumprimento das obrigacións estatutarias recollidas no Artigo 11
3.- Por acordo da Asemblea Xeral a proposta da Xunta Directiva, no caso de que os membros de calquera tipo deixen de reunir os requisitos necesarios para ter a devandita condición.
Artigo 13º.
Poderá adquirirse o carácter de Membro de Honor da Asociación por acordo da Xunta Directiva, que informará diso á Asemblea Xeral na primeira reunión que esta celebre.