Título V.- Dos medios da asociación
Artigo 27º.
A Asociación contará cos medios seguintes para a realización dos fins sociais:
1.- As cotas satisfeitas anualmente polos seus membros, fixadas pola Xunta Directiva.
2.- As subvencións, donativos, herdanzas e legados que poida recibir no futuro.
3.- Os produtos e rendas do seu patrimonio no seu caso.
4.- Os ingresos que poida recibir como consecuencia da realización de investigacións ou estudos que sexan contratados a nome da Asociación, unha vez deducidas as cantidades en que se fixen as remuneracións das persoas responsables dos devanditos estudios.
Artigo 28º.
Periodicamente remitirase ás autoridades competentes o estado de contas da Asociación e o seu orzamento, aprobado pola Asemblea Xeral. Unha vez ao ano, difundiranse entre as persoas socias mediante a intranet da Asociación.